A importancia das abellas e os apicultores.

O sector apícola forma parte integrante da agricultura europea. Proporciona ingresos primarios ou complementarios a máis de 600.000 cidadáns da UE. Presta uns servizos vitais a agricultura a través da polinización e contribúe ao mantemento da biodiversidade. Calcúlase que un 84% das especies vexetais e o 76% da produción alimentaria en Europa dependen da polinización por parte das abellas, cuio valor económico é moito maior que o valor do mel producido e ascende a uns 15.0000 millóns de euros anuais na UE. A apicultura tamén presta un servizo importante aos ecosistemas a través da polinización, que contribúe a mellora da biodiversidade ao manter a diversidade xenética das plantas e o equilibrio ecolóxico.


 

Enlaces de Interese Apícola